Neste pobo viven diariamente ó redor de 100 persoas, pero esta cifra aumenta moito nos fins de semana, xa que moitos Ourensáns prefiren pasar aqui os seus días de 'relax'.
Menos aumentan no verán.
Predomina a xente maior sobre os cativos, no último ano so houbo 2 nacementos e o redor de 4 falecementos.
A maioría dos habitantes foron inmigrantes a Suíza e a América, pero a maioría voltan en verán.
A idade media do pobo esta en 67 anos.
Os máis ancians deste pobo, contan que fóron a escola neste mesmo lugar. Había unha escola de rapaces e outro de rapazas, as materias agrupábanse nun lirbo chamado a 'Enciclopedia' que recollía todas as materias.
Os mestres destas escolas eran moi severos e pegában e castigaban ós rapaces por calqueira cousa, o cal levou a que algúns lle colleran medo e non voltaran á escola.
Na infancia tiñan que facer moitas tarefas a diario. Ir co gando cara ó monte, a sementeira.. e se lle quedaba tempo asistían á escola.
Eran moitos irmáns en cada casa e había pouco que comer co cal tiñan que buscar o xornal para quitar adiante a súa familia.