Cultura e Ocio

Hai moitas lendas e cantares deste lugar...

Se queres pasar un bo rato, sempre poderás ir a Aira Recreativa, http://xestosa-toen.blogspot.com/p/area-recreativa-aira.html , ou senón ir xogar ás cartas ó bar ou ó local social.
O local social fai como mínimo unha comida ó mes para tódolos veciños, ven sexa cocido, xabarín, un leiton , ou un corzo. Todos os veciños axudan para sacalo cara adiante, xa que os veneficios son para a festa de María na Pascuilla, para as festas de Xestosa, en Agosto, ou para o entroido. Tamén celebramos todos xuntos o ano novo con música nunha carpa do local. E cando non, ven o grupo XOLDRA.
Outra maneira de pasar o tempo é o lado da aira, atópase un campo de fútbol.
A distancia da portería é duns 12 pasos, e o largo do campo duns 137 pasos.



 Tamén é aconsellable dar unha volta e perderse polo noso monte. Facendo un roteiro coma ''OS CASTROS'' ou camiñar ata unha pista de moto cross, ou ata a montaña das antenas..